Javi Maneiro, embaixador de GaliciAME, entrega unha mención de gratitude ao Concello de Porto do Son

02 Decembro 2024

Este sábado celebrouse a VII gala-xantar da asociación GaliciAME, e nela o concelleiro de Deportes e Xuventude, Carlos Lorenzo, recibiu da man da presidenta da asociación, Merchi, Álvarez Fernández, e do gran embaixador da entidade, o músico barbanzán Javi Maneiro (Heredeiros da Crus), unha mención de gratitude á colaboración realizada polo Concello.

Como lembraremos, o pasado domingo 29 de setembro Porto do Son acolleu a celebración da Andaina-Xornada Familiar de GaliciAME, quedada gratuíta de camiñantes de todas as idades na que participaron 300 persoas, incluídas a presidenta de GaliciAME, Merchi Álvarez, o alcalde do Son, Luis Oujo, o concelleiro de Deportes Carlos Lorenzo, e o músico Javi Maneiro, padriño da iniciativa xunto coa xornalista Belén Xestal.

A andaina complementouse a partir das 13.30 horas (no Campamento Virxe do Loreto) cun xantar familiar con xogos, inchábeis e sorteos. Os premios (agasallos doados polo comercio local de Porto do Son) foron entregados precisamente polo padriño e a madriña da quedada solidaria.

O recadado na experiencia serviu para apoiar a causa solidaria de GaliciaAME, Asociación Atrofia Muscular Espinal, que contribúe dende hai anos (grazas en boa medida ás doazóns de cidadanía e entidades) á investigación centrada na AME (Atrofia Muscular Espinal), doenza xenética que afecta ás neuronas encargadas do movemento na medula espinal.

A actividade veu da man de GaliciAME e o Concello de Porto do Son.

No transcurso da andaina, GaliciAME outorgou distincións (Linguas de Ouro) ao alcalde sonense, Luis Oujo, ao concelleiro de Deportes, Carlos Lorenzo, á técnica de Xuventude, Ana Freire e ao técnico de Deportes, Luis Otero.

Outros artigos

Mércores 30, chuvias e descenso das temperaturas

Este mércores teremos a chegada dunha fronte asociada a unha borrasca situada ao oeste de Lisboa. As condicións meteorolóxicas empeorarán progresivamente ao longo do día. Durante a mañá, agárdase un incremento da nubosidade, especialmente nas zonas do sur . As...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión