Inserta2 de Amicos pecha o ano con máis de 70 insercións laborais e 240 participantes

30 Decembro 2024

A asociación inclusiva da nosa comarca Amicos vai despedir o ano 2024 con “cifras de récord” no apoio e asesoramento laboral dirixido a persoas con discapacidade intelectual e/ou en risco de exclusión social. No marco deste servizo encádranse os programas Ribeira Inserta2 e Mérida Inserta2, a través dos que durante este primeiro ano apoiouse a máis de 240 persoas participantes, alcanzando máis de setenta insercións laborais, en Galicia e Extremadura.

Así, os/as participantes desfrutaron dun servizo individualizado de orientación laboral e formativa, así como dun seguimento personalizado da súa situación para favorecer as súas posibilidades de inserción.

Durante este primeiro ano, realizáronse distintas accións gratuítas para a mellora da empregabilidade, como cursos de Conserxe – recepcionista, Atención ao cliente, Auxiliar de transporte e comedor, ou Operadora de carretilla elevadora.

Tralo éxito desta primeira anualidade, o equipo de Amicos abre inscrición para participar en ditos programas de cara ao 2025. As persoas interesadas en anotarse poden facelo a través do correo electrónico personas@amicos.org ou no teléfono 682 516 278.

A Asociación Amicos executa o programa Ribeira Inserta2 xunto coa iniciativa Mérida

Inserta2 en Extremadura. Ambas son iniciativas impulsadas pola asociación inclusiva do Barbanza dentro do programa +Empleo, cofinanciado pola Fundación “la Caixa” e polo Fondo Social Europeo, no marco do Programa FSE+ de Inclusión Social, Garantía Infantil e Loita contra a pobreza para o período 2021-2027.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...