Habilitadas tres sendas en Porto do Son ao longo da AC-550 que suman 2,8 km

26 Decembro 2024

A Xunta licitou a redacción dos proxectos dos itinerarios de alta prioridade da segunda fase do Plan de Sendas de Galicia, entre os que se inclúen os planificados en Porto do Son, co obxectivo de que se poidan comezar a redactar a mediados do 2025

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas subliña que as novas sendas de Porto do Son, xunto aos treitos que contan con beirarrúas, permitirán completar un itinerario peonil seguro de 6km na AC-550 para “poñer aínda máis en valor” o concello

A Xunta habilitará tres novas sendas seguras para os peóns na estrada autonómica AC-550 ao seu paso polo concello de Porto do Son, que se inclúen na nova fase do Plan de Sendas de Galicia aprobado recentemente polo Goberno galego. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, xunto á delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, e o director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, deu a coñecer hoxe estas actuacións, nas que se prevé un investimento de 1,5M€.

M. Allegue quixo destacar que as sendas previstas “porán aínda máis en valor este concello, ademais de supoñer outro paso en firme no ámbito da mobilidade segura e sostible”. En concreto, habilitaranse tres itinerarios ao longo de distintos tramos da AC-550 ao seu paso por Porto do Son, cun percorrido que suma 2,8km.

O primeiro deles discorrerá entre Linteiros e A Gafa, con 1.080m e un investimento previsto de 594.000€, mentres que o segundo estenderase do Alto de Olveira e Cadeiras (850m e un orzamento previsto de 482.500€). Por último, o terceiro irá entre Cans e Quintáns, con 880m e un investimento estimado de 505.000€.

Estas sendas conectarán con outros treitos da estrada que xa contan con beirarrúas, de xeito que con esta actuación conseguirase un itinerario peonil seguro nun tramo de 6km desta estrada que vertebra o concello.

A conselleira lembrou que a Xunta leva case 300km de itinerarios peonís e ciclistas coa anterior fase do Plan de Sendas de Galicia, que recentemente foi premiado pola UE. Con este plan a Xunta está a dotar de rutas accesibles ás estradas autonómicas, permitindo a circulación separada de vehículos e peóns. Mellórase así  a seguridade viaria proporcionando un itinerario cómodo e seguro ás persoas, ademais de fomentar un estilo de vida máis saudable. “Seguiremos a dar pasos neste compromiso-engadiu-, con estas sendas que embelecen as nosas vilas”. A nova fase do plan cofinanciarase con fondos europeos FEDER.

Hoxe mesmo a Xunta licitou a redacción dos proxectos das sendas de alta prioridade incluídas en la segunda fase do Plan de Sendas, nas que se inclúen as planificadas en Porto do Son. Tal e como explicou o director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, o obxectivo é se poida comezar a redactalos a mediados do vindeiro ano. As empresas interesadas terán de prazo ata o próximo 30 de xaneiro.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.