Et Suseia Danza leva A Pobra “O que non se ve”, que mestura danza tradicional e contemporánea para falar da muller

11 Decembro 2024

O Teatro-Cine Elma será o escenario, este 14 de decembro, da función dun espectáculo de danza que fusiona o baile tradicional galego coa disciplina contemporánea con dúas bailadoras sobre as táboas e acompañamento de percusión. Et Suseia Danza presenta O que non se ve, unha nova peza que dá continuidade a un proxecto nacido a finais de 2021 coa idea de crear sinerxías entre dous mundos das artes escénicas, o tradicional e o moderno. O resultado son obras como esta que se estreou no marco da programación cultural do Concello de Santiago e que pretende mostrar “o que existe máis alá das vestimentas, representando a través desta danza híbrida e perfectamente conxugada a forza e a loita da muller na sociedade actual”, sinalan dende a agrupación, engadindo que a nivel musical, a peza aporta unha nova sonoridade nas melodías mergullándose na percusión tradicional pero enfocándoa cara un aspecto máis actual. Tamén mudan as letras facendo letras propias, amosando o poder da muller do rural galego como clave da conservación da tradición oral. As coreografías son orixinais de Et Suseia, creadas por Erick Pegueros, Diego Landín e Gustavo Couto e interpretadas por Iria Portos e Iria Calvar, como bailadoras titulares, con Cristina Cotilla na percusión.

Ademais diso, Et Suseia Danza pecha a súa xira de inverno enmarcada no Outono das Artes da Deputación da Coruña, coa que percorreron gran parte dos teatros e auditorios da provincia. A compañía

Et Suseia Danza adoptou o nome dun saúdo de ánimo entre peregrinos e peregrinas que significa “imos alá” ou “máis alá”. A expresión representa a esencia da compañía, que pretende ir máis alá no mundo da danza mesturando tradición con modernidade. Desa necesidade de expresión unindo dous estilos fundouse a finais do 2021 Et Suseia, xurdida da colaboración entre OCT Ultreia (Santiago) e o Ballet de Galicia (Marín). En pouco tempo buscou crear un espazo propio dentro da danza en Galicia realizando diferentes actuacións e acadando varios recoñecementos: 1º Premio no Certame Coreográfico organizado pola ASPG (2021); 3º Premio da categoría Fusión no concurso Vigo Porté (2021) finalistas do concurso Interritmos – Son do Rural, organizado pola Asociación DELOA (2021) e premio do público como mellor peza de danza no circuíto Compostela Cultura 2023.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.