Esta semana proseguen en Boiro as actividades da Zona Gaming

31 Decembro 2024

Boiro vai comezar o ano con lecer tecnolóxico para a mocidade. Farao coa Zona Gaming, unha proposta encadrada na programación local de actividades de Nadal do Concello e que logo da exitosa experiencia dos días pasados (a Zona Gaming estivo operativa os días 23, 26, 27 e 28 de decembro) volve o 2 de xaneiro en horario de mañá e de tarde (de 11.00 a 13.30 horas e de 16.00 a 19.00 horas) e prolongándose os días 3 e 4 de xaneiro. A Zona Gaming estará novamente habilitada no local Leñaverde do Centro Social de Boiro. Ofrecerá xogos online e presenciais e con actividades pensadas para a mocidade a partir dos 8 anos.

A un nivel máis concreto, a Zona Gaming conta cun simulador de Fórmula 1, unha actividade para comprobar a destreza ao volante; lentes de Realidade Virtual para mergullar á rapazada noutras realidades como viaxar ao oeste ou montar nunha montaña rusa.

A Zona dispón igualmente de dúas máquinas arcade que contan con máis de 3.000 xogos; unha zona de dardos para probar as habilidades de puntería; e outras propostas lúdicas pensadas para a mocidade.

Con esta proposta de lecer tecnolóxico, participativo e aberto, o Concello de Boiro busca “crear unha contorna innovadora e accesíbel que fomente a diversión e a aprendizaxe nun ambiente seguro”. Búscase achegar entretemento pero tamén unha porta ás novas tecnoloxías e á creación gamer, un sector en auxe dende o punto de vista profesional e empresarial.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.