
O Concello de Boiro, xunto coa Asociación Boirense de Empresas (ABE), deseñou para o Nadal 2024 “unha programación pensada para os máis cativos” e, tamén, destinada “a incentivar as compras no comercio local”. A concelleira de Cultura, María Outeiral, xunto co presidente da ABE, Daniel García, presentaron o programa de actividades para o mes de decembro.
Segundo fixeron saber, o Nadal dará comezo este venres 6 de decembro a partir das 19.00 horas co acendido do alumeado de Nadal que contará cun espectáculo de rúa e actuación de DJ Matrek na praza de Galicia. Pensados para os máis cativos, haberá inchábeis os días 26, 27 e 28 de decembro e os días 2, 3 e 4 de xaneiro na praza de Galicia en horario de 16.30 a 20.30 horas.
Tamén haberá durante o Nadal unha zona gaming situada no local Leñaverde do Centro Social de Boiro os días 23, 26, 27, 28 e 29 de decembro e os días 2, 3 e 4 de xaneiro con xogos e actividades para público infantil e xuvenil.
En canto aos espectáculos infantís, a programación engloba diversas actuacións como Fazulas de ladrón de Bandullo Azul; Merenda con pan de Migallas Teatro; The women voices of rock n roll de Virtual Project e Música de guateque de Gramola ye ye. Todas as actuacións terán lugar na rúa peonil de Boiro os días 26, 27, 28 e 30 de decembro.
Tamén teñen un peso importante na programación de Nadal os festivais que realizan as distintas entidades e asociacións locais. Xirbarbeira fará o seu o domingo 15 de decembro ás 18.30 horas no Centro Social de Abanqueiro; Abeloura o mesmo día ás 19.00 horas no Centro Social de Cespón; o da Escola de Música de Boiro será o 19 de decembro ás 18.00 horas no local Leñaverde; a Asociación de Abanqueiro realizará a súa Velada do Nadal o domingo 22 ás 17.00 horas no Centro Social de Abanqueiro; Cen Pliés o mesmo día ás 19.00 horas no pavillón da Cachada; e Pedra da Aroña o domingo 29 ás 18.00 horas no pavillón da Cachada.
A programación de Nadal rematará coa visita das Raíñas Magas ás parroquias o sábado 4 de xaneiro, unha actividade realizada polo grupo de voluntariado Turbina; e coa gran Cabalgata de Reis, que será o domingo 5 de xaneiro. Esta programación complementase coas actividades de dinamización comercial que ten preparada a Asociación Boirense de Empresarios.
A programación está suxeita a cambios debido á previsión meteorolóxica.
Programación punto por punto

Venres 6 de decembro, 19.00h – Praza de Galicia: acendido do alumeado de Nadal
Domingo 15 de decembro, 18.30h – Centro Social de Abanqueiro: festival Xilbarbeira
Domingo 15 de decembro, 19.00h – Centro Social de Cespón: festival Abeloura
Xoves 19 de decembro, 18.00h – Local Leñaverde: festival Escola de Música de Boiro
Sábado 21 de decembro, 17.30h – Praza de Galicia: Gala Solidaria
Domingo 22 de decembro, 17.00h – Centro Social de Abanqueiro: festival Asociación Abanqueiro
Domingo 22 de decembro, 19.00h – Pavillón da Cachada: festival Cen Pliés
Luns 23, xoves 26, venres 27, sábado 28 e domingo 29 de decembro – Local Leñaverde: zona gaming
Xoves 26, venres 27 e sábado 28 de decembro, de 16.30 a 20.30 horas – Praza de Galicia: inchábeis
Xoves 26 de decembro, 19.00h – Rúa peonil: espectáculo infantil Fazulas al ladrón de Bandullo Azul
Venres 27 de decembro, 19.00h – Rúa peonil: espectáculo infantil Merenda con pan de millo de Migallas Teatro
Sábado 28 de decembro, 21.00h – Rúa peonil: concerto The women voices of rock n roll, concerto de Virtual Project
Domingo 29 de decembro, 18.00h – Pavillón da Cachada: festival Pedra da Aroña
Luns 30 de decembro, 19.00h – Rúa peonil: espectáculo infantil Música de guateque de Gramola ye ye
Xoves 2, venres 3 e sábado 4 de xaneiro – Local Leñaverde: zona gaming
Xoves 2, venres 3 e sábado 4 de xaneiro, de 16.30 a 20.30 horas – Praza de Galicia: inchábeis
Sábado 4 de xaneiro | As Raíñas Magas visitan as parroquias
Domingo 5 de xaneiro | Gran Cabalgata de Reis



