O Concello de Rianxo informou da posta en marcha das obras para a ampliación da rede de abastecemento de auga no lugar da Casilla (Araño).
A actuación, que permitirá darlle servizo a todas as vivendas do núcleo e salvará o cruzamento da estrada autonómica a través dun topo para a conexión á rede existente, conta cun orzamento base de licitación de 132.470,80 €, segundo informou o Concello.
os traballos están a ser executados pola empresa Mecano Obras y Reformas S.L.
O abastecemento da Casilla (parroquia de Araño) dende a traída municipal será posíbel grazas ás actuacións previas dende Outeiro-Taragoña. Este proxecto dará servizo a dúas ducias de vivendas.




