
Un compañeiro chamou ao 112 Galicia para pedir asistencia médica urxente.
Eran as 18:45 horas desta tarde e realizaron a chamada desde a zona de Cornide, en Carnota. Segundo explicou, estaban recollendo as armas despois da xornada de caza cando o afectado recibiu o disparo no abdome.
Quen aviso a través do servizo de emerxencias indicou, ademais, que a ambulancia podía acceder perfectamente ao lugar no que se atopaban, así que, decontado, solicitouse a intervención dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que trasladou o ferido ao Hospital Virxe de Cee.
Tamén foron avisados os axentes da Garda Civil co fin de recoller toda a información relacionada co suceso.