Dous prestixiosos espectáculos de danza chegan á Pobra polo Nadal

09 Decembro 2024

A Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal organiza dous espectáculos de danza na localidade con motivo do Nadal 2024. “As artes escénicas son a pedra angular da axenda cultural da Pobra do Caramiñal nestas datas tan significativas con tanta vitalidade no noso municipio. O público poderá desfrutar de dous espectáculos de prestixio, recoñecidos con numerosas distincións, onde se unen folclore e vangarda”, explicou en rolda de prensa, este 9 de decembro pola mañá a concelleira da Cultura, Patricia Lojo.

Segundo explicou, a agrupación Et Suseia Danza será a primeira compañía en pasar polo Teatro Cine Elma con O que non se ve; unha obra que recala na localidade coa colaboración da Deputación da Coruña. Será no 14 de decembro, ás 20.30 horas. Representarán a través do movemento a forza e a loita da muller na sociedade actual. Pon no punto de mira diferentes micro machismos que hai no día a día. Aquí mestúranse danza tradicional e contemporánea; unha combinación que tamén transcende á melodía. Coreografías creadas dende a contemporaneidade da danza e mesturadas co son da música tradicional oral, onde se identifica a enerxía das mulleres do rural galego.

E, se Fran Sieira impartiu nos pasados días o obradoiro Danza galega, tradición e vangarda, agora o público terá ocasión de desfrutar de Coreografías dun DeMente no 27 de decembro, ás 20.30 horas. Trátase dunha obra de baile e música tradicional que aborda o estigma das patoloxías vinculadas á saúde mental. En escena, a coreografía amosa a evolución histórica que sufriron, e sofren, as persoas con problemas de saúde mental: dende a reclusión ata as contencións químicas. A peza ten unha duración de 45 minutos que concentra a esencia dos movementos de DeMente.

O acceso é libre ata completar a cabida.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...