Esta fin de semana, o sábado 14 de novembro, o Concello de Dodro organiza desde as 9 da mañá unha actividade de plogging, unha práctica que consiste na combinación de exercicio físico ó aire libre coa recollida de residuos. O Concello de Dodro indicou que as previsións meteorolóxicas son boas polo que lanzou un convite a participar a veciños e visitantes. O lugar de encontro é o Pavillón deportivo de Dodro. As inscricións poden facerse no departamento de deportes, no 981802532 e no correo deportes@dodro.gal e o prazo para anotarse remata este 13 de decembro.
A participación será obrigatoriamente en parellas. Farase unha ruta libre de sendeirismo por todo o concello e os participantes irán provistos de luvas (que facilita o Concello) e bolsa de lixo, está prohibido coller lixo dos contedores.
Daranse dúas horas de tempo antes de volver ao Pavillón, punto de saída, e a ruta terá que rexistrarse coa aplicación móbil Strava. Daranse premios ás parellas que máis envases recollan e ás que máis quilómetros fagan.




