“Desaloxos de familias vulnerables” – José Manuel Pena

05 Decembro 2024

Os desafiuzamentos da vivenda habitual, por orde xudicial, continúanse producindo cada día. A pesar dos avances lexislativos, da propia Lei de Vivenda e demais Reais Decretos Leis para protexer e garantir a vivenda ás persoas e familias vulnerables, moito máis con fillos menores a cargo, continúanse infrinxindo os seus dereitos, por parte dalgúns xuíces e tribunais de xustiza, principalmente os de Primeira Instancia e Instrución.

Como pode ser que se desaloxen familias, con fillos menores ao seu cargo, sen ofrecerlles unha alternativa habitacional?. Para que se asinaron os protocolos e o convenio de colaboración entre o Consello Xeral do Poder Xudicial, os Colexios de avogados, a Xunta de Galicia e a FEGAMP?. Si, xa se sabe o que se di sempre, que a familia reclame a unha instancia xudicial superior (Audiencia Provincial, Tribunal Supremo, Tribunal Constitucional ou o Tribunal da UE) pero mentres tanto quedan na rúa.

Algúns funcionarios, en demasiadas ocasións, extralimÍtanse das súas funcións e manteñen un exceso de celo, no cumprimento do seu deber, levando o acatamento das normas ao extremo sen importarlles as persoas nin as consecuencias que iso poida ocasionar. Non teñen a empatía suficiente para tratar coas persoas, pensan que están a convivir con animais salvaxes.

O gobernante toman decisións, os lexisladores redactan e aproban as leis e logo certos funcionarios dedícanse a interpretalas e aplicarlles á súa maneira, sen importarlles, o máis mínimo, os danos que puidesen ocasionar. A culpa é nosa, da propia sociedade civil, por non esixir que se respecten os nosos dereitos e denunciar o corporativismo de certos sectores do funcionario público.

Outros artigos

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.