Derrube do muro do cemiterio municipal de Ribeira causa danos nunha vivenda próxima

21 Decembro 2024
Rúa Amor Rubial Ribeira

Un tramo de 12 metros de longo por 4 de alto do muro perimetral do cemiterio municipal de Ribeira esborrallouse, caendo sobre o tellado dun alpendre pertencente a unha vivenda situada na Rúa Amor Ruibal. O derrube provocou importantes danos, non só na estrutura do alpendre, senón tamén no seu contido, xa que no seu interior había numerosos mobles que quedaron esnaquizados.

Tras o incidente, ao lugar acudiron unha patrulla da Policía Local, o Grupo de Atención ás Emerxencias Municipal (GAEM) e, posteriormente, os bombeiros do parque de Ribeira. Tras inspeccionar a zona, os profesionais confirmaron a solidez do resto do muro, aínda que se procedeu a delimitar un perímetro de seguridade. Espérase que un técnico municipal avalíe os danos e determine as accións necesarias.

A propietaria da casa afectada declarou que hai dous anos advertiu ao Concello de Ribeira sobre o estado do muro e o risco de colapso. Mesmo rexistrou formalmente a súa reclamación, pero non obtivo resposta nin medidas preventivas.

Outros artigos

Rianxo e A Estrada xa son oficialmente concellos irmáns

Este luns 19 de outubro formalizouse finalmente a sinatura do protocolo de irmandamento entre os concellos da Estrada e Rianxo, historicamente unidos polas figuras de Virxinia Pereira Renda (A Estrada) e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo). A fraternidade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.