“Das cantigueiras ás cantareiras, pasando polos regueifeiros: Galicia vive”. Antón Luaces

28 Decembro 2024

O vindeiro ano 2025, a Real Academia Galega (RAG) vai adicar o Día das Letras Galegas (17 de maio) ás CANTAREIRAS, as mulleres que, en Galicia, cantaron e cantan cantigas. 

Cadra esta celebración coa decisión da mesma Real Academia de recoñecer coma palabra do ano (2024) “cantareira”, de tal feito que sexa “a poesía e música, a voz feminina e colectiva, a língua propia” consecuente coa votación promovida pola RAG e a Fundación Barrié a través do Portal das Palabras.

Esta elección quer ser homenaxe ás mulleres que, ao longo dos séculos “mantiveron vivo, transmitiron e arrequeceron o cancioneiro popular e o indioma do paìs”. Porque as cantareiras non son senón as vellas cantigueiras-pandereteiras que interpretaban cantigas populares que, aló polos primeiros anos 70 do século pasado, tiven a oportunidade de escoitar nas Torres de Mens (Malpica) nun entre lusco e fusco dun día que remataba cuberto de néboa no que os corvos croaban ao son que marcaban aquelas veteranas -finadas vai tempo- ás que seguiron anos dempois as tres cantareiras de Mens que agora lles dan continuidade con outras dúas cantigueiras máis após un extenso labor de recolleita por elas realizado, ao igual que o fixeron Mercedes Peón e outros grupos e intérpretes galegos que deron  pulo e sona á máis tradicional das músicas de Galicia, labor que tamén realizaron posteriormente recoñecidos grupos musicais e, durante o franquismo, os grupos de baile da Sección Feminina que, neste eido, desenvolveron un labor nunca recoñecido oficialmente por mor da súa conexión con Falange e, obviamente, a ditadura. 

O recoñecemento de CANTAREIRA como Palabra do Ano por parte da RAG non desbota outras posibilidades futuras -ben o sei- de homenaxear á língua galega; máis na miña persoal opinión, hai moitas outras palabras do noso idioma que, estando en perigo de desaparición, nada se fai por recuperalas e mantelas vivas. Por exemplo, “anainar” (arrullar, en castelán), dunha fonda significación para os galegos, verba da que moi poucos ou ningún galego fai uso hoxe en día malia ter o valor que ten na relación familiar, especialmente a materno-filial. 

Pode quedar na carpeta das propostas para os vindeiros anos. E aínda sumo outra relacionada, ao igual que “cantareira”, coa música : “regueifeiro” ou “regueifeira”, adiantados e equivalentes en boa medida aos actuais “raperos” ou “rapeiros”.

Oxalá este labor da RAG teña máis éxito que o acadado ata o de agora pola Xunta e a propia Real Academia Galega no empeño de revitalizar o galego como idioma de seu dos habitantes de Galicia.

Outros artigos

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

+

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.