Comeza a conta atrás en Rianxo para a tradicional Papanoelada Moteira (este sábado con punto de encontro na praza de Castelao)

16 Decembro 2024

Por outra banda, recordar que este sábado 21 de decembro celebrarase en Rianxo a xa tradicional Papanoelada Moteira do Motoclub Jas A Tope, en colaboración co Concello. As persoas participantes sairán da praza Castelao ás 16:15 e volverán unha hora despois logo de recorrer as parroquias do municipio (consultar horarios). Previamente, ás 14.00 horas, celebrarase un xantar de balde (unha paellada) para papanoeles na Cafetería Castelao.

Trátase dunha quedada para a comunidade local, comarcal e galega de seareiros das motos convocada co obxectivo de celebrar o Nadal, achegar diversión a nenos e maiores e dinamizar a vila e as parroquias. O programa inclúe premios e diplomas (aos mellor caracterizados, á moto mellor decorada e ao equipo máis numeroso) e actividades diversas para a rapazada (música, entrega de cargas, reparto de caramelos, etc).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.