Chega ao seu remate o curso do programa de envellecemento activo da Pobra, edición 2024

11 Decembro 2024

A edición de 2024 do programa de envellecemento activo da Pobra do Caramiñal finalizou coa entrega dos diplomas á veciñanza participante cun acto de clausura na tarde do 11 de decembro.

A concelleira dos Servizos Sociais, Amparo Cerecedo; o director do Centro Sociocomunitario e de Benestar da localidade, Ricardo Lago; o presidente da Cruz Vermella de Boiro, Julio García; e o profesor de musicoterapia, Ignacio Crespo; fixeron entrega dos títulos ás 50 persoas asistentes. Segundo fixo saber o director do centro, precisamente, esta convocatoria acadou unha alta participación.

Trátase dunha acción focalizada na estimulación cognitiva que ten como finalidade a mellora da calidade de vida da veciñanza maior a través do fortalecemento das relacións sociais, da autoestima e de hábitos de vida saudábeis. Para iso, novamente, o curso estruturouse en musicoterapia, da man de Ignacio Crespo, e en envellecemento activo, a cargo da Cruz Vermella.

A edil salientou o incentivo da socialización e da creatividade dado o seu impacto positivo, especialmente, a nivel neurolóxico para que así “as persoas maiores continúen estando activas e se sintan integradas na sociedade”. Deste xeito, trasladou o apoio da Administración local a este programa que tanta expectativa esperta e garante a continuidade do mesmo no 2025, ademais de avaliar a posibilidade de incrementar a oferta de actividades incorporando, por exemplo, o baile.

Aproveitaron a ocasión para visualizar un vídeo-resumo do programa neste curso e despedíronse ao son dunha panxoliña para desexar felices festas.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...