“Chega a Noite por excelencia; que sexa boa” – Antón Luaces

24 Decembro 2024

Noiteboa. E Nadal, a continuación. Logo virán noitevella, aninovo e, obviamente, noite de Reis. Por dediante, Papá Noël, facendo a competencia, ao igual que o reno compite coa vaca e o boi na corte, que palacio non tiñan e pazo, tampouco .

Entre uns e outros, as crenzas e as tradicións, a nostalxia e o botar de menos aos que faltan por unha ou outra causa. Son, estas que estamos a vivir, festas que foron moi de fogar e que, aos poucos, van trocando en negocio evidente para comercios e restauración. O de menos é o por que, e o que importa é estar. Onde?. A ser posible na casa, pero cada vez máis o lugar ven ser o de menos.

As panxoliñas eran motivo para cantar en unión. Hoxe en día mandan o reguetón e a bachata. O tempo muda. Nada é igual e todo é posible. Noiteboa foi noite de Deus. Na actualidade, noite desequilibrante, orzamentariamente falando: quen ten máis metros de alto na árbore acugulada de lámpadas LED, quen pon na rúa máis motivos navideños que pouco teñen que ver coa tradición do país. Un coro que reverdece loureiros con chamados á paz e ao amor. Todo é, en grande medida, puro comercio, parafernalia impensable vai 50 anos. Todo se perdoa: é Nadal e os paxaros cantando están “en sabas da zafiro que envurullan a lúa chea”. 

O Meniño, a Virxe e San Xosé, no portal. Un anxo sinalando o camiño a uns Reis Magos que afastan do vieiro polo indebido uso do GPS. A Belén, pastores. 

Na Pedra Pateira aboia a cuncha dun boi de mar e na Ínsua o facho traza un camiño de luz prateada na ría silandeira.                                                                                                                          A Noiteboa que voa.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...