O CEP Plurilingüe Pilar Maestu Sierra (A Pobra), obtén a mención de honra dos Premios “Convivimos a prol da convivencia e o benestar nas aulas”

01 Decembro 2024

A Xunta de Galicia recoñece o traballo e compromiso de oito centros educativos nesta área a través da segunda edición do Premio ConVivimos , unha das medidas incluídas no Plan integral contra o acoso e o ciberacoso da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP.


Con esta iniciativa, o Goberno galego quere destacar aquelas actuacións e proxectos desenvolvidos desde os centros educativos galegos que impliquen un alto grao de compromiso coa mellora da convivencia escolar e do benestar emocional, así como para visualizar o esforzo realizado polos centros neste eido.
Os centros premiados na categoría A, destinada a centros de Educación Primaria, son o colexios CEP Plurilingüe de Riomaior (Vilaboa), que acada o primeiro premio; o CEIP Plurilingüe Virxe do Carme (Burela), que se fai co segundo galardón; o CEIP do Foxo (A Estrada), que leva o terceiro premio, e o CEIP Plurilingüe Pilar Maestu Sierra (A Pobra do Caramiñal), que obtén a mención de honra.
No caso dos centros pertencentes a categoría B, destinada aos de Secundaria -abrangue ESO, Bacharelato, FP, formación de persoas adultas e ensinanzas de réxime especial-, o Centro Integrado de FP A Carballeira-Marcos Valcárcel (Ourense) acada o primeiro premio, mentres que o segundo galardón recae no Instituto de Poio, seguido do terceiro para o IES Auga da Laxe (Gondomar). A mención de honra é para o IES David Buján
(Cambre).
Os centros galardoados co primeiro premio reciben 5.000 euros, mentres que o segundo premio conta con 2.500 euros e o terceiro con 1.000 euros. Os centros que logran a mención de honra obteñen 500 euros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.