CAPRIF-CC e Montescola chaman a repoboar o día 29 o monte de Froxán (Lousame) con árbores autóctonas

17 Decembro 2024
A aldea de Froxán, no concello de Lousame


O proxecto Comunidades Activas e Paisaxes Resilientes a Incendios Forestais e Cambio Climático (CAPRIF-CC) organizará a
través da Fundación Montescola o domingo 29 de decembro, entre as 10.00 e as 14.00 horas, unha nova actividade gratuíta de voluntariado ambiental no monte de Froxán (Lousame) para repoboar con especies autóctonas unha contorna de cinco hectáreas de superficie. Segundo explican dende as ditas entidades, as persoas interesadas en participar nesta actividade poderán inscribirse ata este xoves 26 de decembro enviando un correo electrónico cos seus datos de contacto (nome e apelidos, teléfono, correo electrónico e lugar de residencia) a info@montescola.org ou cubrindo o
formulario existente na páxina web de CAPRIF-CC.

O director da Fundación Montescola, Joám Evans, destaca que a repoboación levarase a cabo nunha zona alta do monte, na que se atopa o nacente do Regueiro do Ramo Curvo e na que xa se eliminaran especies pirófitas e invasoras como o eucalipto e a acacia. Agora repoboarase con preto dun milleiro de exemplares dunha ducia de especies autóctonas, entre as que se atopan carballos, castiñeiros, pradairos, bidueiros, teixos, sabugueiros, salgueiros e érbedos.

A fundación lembra que o monte de Froxán foi recoñecido no ano 2017 polo Programa das Nacións Unidas para o Ambiente como unha das “Áreas Conservadas por Pobos Indíxenas e Comunidades Locais” (ICCA, nas súas siglas en inglés) e forma parte parte das zonas de actuación piloto do proxecto CAPRIF-CC para a restauración de hábitats, creación de cortalumes verdes, recuperación de espazos con valores culturais e eliminación de especies exóticas invasoras.

CAPRIF-CC está financiado pola Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

O proxecto CAPRIF-CC está impulsado pola Fundación Juana de Vega, a Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia-Norte de Portugal (CEER), a Fundación Centro Tecnológico y Forestal de la Madera (CETEMAS), a Asociación Galega de Custodia do Territorio (AGCT) e a Fundación Montescola, e conta co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO), no marco do Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea cos fondos NextGenerationEU.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.