Borxa Colmenero e Axóuxere presentan este 13 de decembro en Lugo o libro “O Governo neoliberal da vida”

13 Decembro 2024

O escritor Borxa Colmenero vai presentar en Lugo, no CS Mádia Leva (no 18 da rúa Serra dos Ancares), o seu libro O Governo neoliberal da vida. Uma leitura (pós)foucaultiana, editado polo selo rianxeiro Axóuxere, con sede en Brión. A presentación, que virá acompañada dunha conversa arredor da obra, contará coa presenza do autor e máis dos responsábeis de Axóuxere. A cita será esta sexta feira (venres) 13 de decembro ás 20.00 horas.

O governo neoliberal da vida. Uma leitura (pós)foucaultiana é un ensaio crítico de Borxa Colmenero. O autor, nado en Vilar de Santos (1984) é filósofo político, xurista e activista e introdúcese con esta obra no pensamento de Foucault e en toda a crítica posfoucaultiana (desde Nikolas Rose ou Giovanna Procacci até Toni Negri, Giorgio Agamben ou Pierre Dardot) para observar a hipótese do desenvolvemento dunha teoría política do neoliberalismo como unha específica arte de goberno.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.