“Avoas e nais sufridoras” – José Manuel Pena

23 Decembro 2024

Mulleres sufridoras. Nais e avoas que padeceron en silencio a dor dos malos tratos e o abuso sistemático dos seus maridos, nunha época escura do noso país. Mulleres valentes, moitas delas, que aínda viven e merecen ser lembradas como vítimas inocentes dunha sociedade machista e patriarcal.

Avoas e nais que estaban ao servizo, coidado e atención dos seus esposos, compaxinando o traballo doméstico co campo e o mar. Non podían herdar, nin ser titulares dunha conta bancaria, nin tan sequera adquirir bens inmobles, sen o consentimento dos seus pais ou esposos.

Traballaban de sol a sol, os sete días da semana, sen vacacións nin apenas descanso. Non podían enfermar nin queixarse das súas cargas familiares porque era a súa obriga natural nunha sociedade hipócrita e miserable que consentía todo aos homes, as infidelidades, o puterío, as bebedeiras, a golfería, o consumo de certas drogas, a violencia machista, tanto física como psíquica, todo era normal, consentido e vitoreado como apoloxía do machismo.

Nas zonas rurais e os pobos da pel de touro, era moito peor debido á ignorancia, as tradicións e costumes que tiñan forza de Lei. A forza das mulleres era moi necesaria para sobrevivir. Cantas mulleres morrían asasinadas por malleiras dos seus maridos e quedaban impunes?. Cantas nais miraban para outro lado mentres o esposo maltrataba, diariamente, á súa filla?. Cantos pais aplaudían aos seus fillos por maltratar ás súas esposas?. Triste, moi triste.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...