
A Asociación de Veciños do Araño e a Asociación Cultural A Carballeira de Baia, coa colaboración do Concello de Rianxo, organizan as Festas de Santa Baia 2024. O programa achega un completo menú de actividades para toda a familia e actuacións musicais para desfrutar desta fin de semana de días feriados: a Constitución e a Inmaculada.
A axenda comezará o sábado 7 de decembro, cunha andaina polo Camiño Real programada para as 11.00 horas (dende o Centro Cultural da Capela percorrendo antigo Camiño Real).
Logo, ás 13.00 horas celebrarase unha sesión vermú con Valerie’s Site.
Pola tarde, ás 18.00 horas haberá sesión de monicreques: A Cabeza do Dragón.
Pola noite, está prevista unha cea-baile con música para todos públicos.
Ao día seguinte, domingo 8 de decembro, a axenda de actividades dará comezo cunha misa e cunha procesión animada cos gaiteiros de Os Pequenos do Barbansa.
Ao mediodía (a partir das 13.30 horas) haberá sesión vermú (con José Manuel Follarín) e mexillonada.



