Alumnado do CPI Cernadas de Castro comparte unha xornada de celebración cos maiores do Centro de Día de Lousame

19 Decembro 2024

As instalacións do Centro de Día de Lousame acolleron na tarde deste martes 17 de decembro unha xornada de encontro interxeracional entre alumnado do CPI Cernadas de Castro e as persoas maiores usuarias deste centro asistencial.

O evento incluíuse nun proxecto do centro educativo, denominado Voluntariado Miúdo, e no que participou todo o alumnado de Infantil e o de 6º de Primaria.

A concelleira de Cultura de Lousame, Silvia Agrafojo, agradeceu a colaboración ofrecida tanto por parte do colexio como por parte do Centro de Día xa que “a relación interxeracional é moi importante porque antes si que os avós e avoas intercambiaban saberes cos seus netos e netas, pero agora xa non é tan común. E se queremos saber quen somos, temos que saber de onde vimos. Por iso a relación entre nenos e maiores é moi enriquecedora”.

Os pequenos aproveitaron a xornada para facer distintas actuacións para os maiores, cantando panxoliñas e rematando cunha foliada na que todos e todas bailaron ao ritmo de cancións de Nadal.

A maiores, a rapazada de 2º de Primaria, que non puido asistir á celebración, enviou aos usuarios do Centro de Día unha postal de Nadal elaborada na clase e que recollía a seguinte mensaxe: “Nestas datas tan especiais, os nenos e nenas de 2º de Primaria queremos felicitarlles as festas. Bo Nadal e feliz 2025. Que os seus desexos se cumpran. Unha aperta”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.