A sede do GastroLab Arousa (no 89 da avenida da Constitución, en Boiro) acollerá este 27 de decembro, venres, a presentación de La Guía de la Luz. Faros de Galicia y su Gastronomía, a partir das 17.00 horas. No evento estarán presentes Adolfo Enríquez, autor das fotografías da publicación e Miguel Mosteiro, coordinador gastronómico da mesma. O acto contará con entrada libre ata completar aforo.
La Guía de la Luz é un libro que axunta a beleza da costa galega e a súa riqueza gastronómica. A través de fotografías de 35 dos faros da nosa costa, a publicación presenta algúns dos produtos de proximidade máis destacados de cada zona, así como unha proposta gastronómica a cargo de destacados cociñeiros galegos.




