A Xunta achegou 78.000 euros para a reparación do depósito de auga de Porto do Son

30 Decembro 2024

A delegada da Xunta, Belén do Campo, asinou co alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, a acta da subvención do Fondo de Compensación Ambiental da liña non competitiva que permitiu a reparación do depósito de abastecemento de auga para consumo da vila cunha axuda de máis de 78.000 euros.

Belén do Campo explicou que “este depósito é unha estrutura de forma tronco-piramidal, de dous vasos con capacidade para almacenar 700,00 m3 de auga”. Segundo engadiron, o obxectivo da obra “foi garantir a súa integridade estrutural e minimizar as perdas” e para logralo “levouse a cabo a impermeabilización interior executando unha nova soleira de formigón, reforzouse a impermeabilización de esquinas e encontros entre paramentos de formigón e levouse a cabo o selado con mástico estanco e deformábel”.

Na parte exterior executouse unha nova cuberta plana con grava, de tipo convencional e impermeabilizouse a parte enterrada das caras exteriores dos muros, con morteiro flexíbel. Ademais, revestiuse a parte aérea das caras exteriores dos muros con morteiro monocapa hidrófobo e pintouse con dúas mans de pintura plástica a parte aérea das caras exteriores dos muros.

Segundo sinalou Belén do Campo, “a través deste fondo fináncianse servizos municipais dedicados á protección do medio e medidas destinadas a evitar a degradación ambiental, actuacións de eficiencia enerxética e enerxías limpas, a compra de vehículos con distintivo ambiental, a utilización recreativa e didáctica dos recursos naturais ou intervencións en núcleos para integrar a contorna natural e campañas divulgativas”.

Na comarca do Barbanza recibiron estas axudas nove concellos (Carnota, Lousame, Porto do Son, Ribeira, Boiro, Outes, Mazaricos, Muros e A Pobra) por un importe total de máis de 518.000 euros. A delegada da Xunta lembrou que este ano o Fondo de Compensación Ambiental suma na súa liña non competitiva un investimento de case  6 millóns de euros para apoiar accións en 109 concellos con parques eólicos no seu territorio.

A representante do Goberno autonómico incidiu “na importancia da colaboración entre o Goberno galego e os concellos para levar a cabo actuacións que redunden no benestar da veciñanza”. Nesta liña, Belén do Campo sinalou que “este apoio é fundamental sobre todo nos municipios máis pequenos para que poidan levar a cabo iniciativas que en solitario resultaríalles máis complicado ou non serían posíbeis”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.