A Xanela do Maxín leva a Muros este sábado as aventuras do Rato Pérez (especial Nadal)

27 Decembro 2024

O auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros acolle este sábado 28 de decembro ás 18.00 horas unha función de teatro para a rapazada: o espectáculo Rato Pérez (especial Nadal) de A Xanela do Maxín. A entrada é de balde e as reservas pódense facer a través da Rede, ou tamén de xeito presencial nas oficinas do Centro Cultural e Xuvenil de Muros, en horario de 8 a 15.00 horas. Trátase dunha peza recomendada para nenas e nenos maiores de dous anos.

Nesta función, o célebre Rato Pérez enfróntase a perigos e desafíos nunha misión trepidante para resolver o seu problema de almacenaxe de dentes, sen esquecer a importancia de manter viva esta tradición. Trátase en palabras da compañía A Xanela do Maxín “dunha comedia chea de acción que nos achega ao fascinante mundo dos seres recolledentes e á importancia de coidar os sorrisos das nenas e nenos”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.