A rapazada de Dodro vaise de excursión a Valga para visitar o seu histórico Belén (este 3 de xaneiro)

31 Decembro 2024

Proseguen en Dodro as actividades culturais e de lecer relacionadas co Nadal. Este 3 de xaneiro celebrarase unha das iniciativas máis destacadas das que organizou o Concello nestas datas sinaladas poñendo o foco na rapazada: unha visita ao Belén de Valga para as cativas e os cativos. A saída está prevista para as 9:45 horas e está programado que regresen ás 13:00.

Trátase dunha actividade para nenos e nenas de 3 a 12 anos. A inscrición está aberta ata o día 2 no rexistro do concello. Unha visita que forma parte do programa Corresponsables e na que colabora a Xunta de Galicia e o Ministerio de Igualdade.

O Belén de Valga, para quen non o saiba, está considerado Ben de Interese Turístico e Cultural e inclúe a cifra nada desprezábel de 4.500 pezas. Ademais, atesoura xa no seu rexistro a visita de 40.000 persoas. Trátase dun dos nacementos máis grandes de toda España.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.