A Pobra será escenario do Campionato Provincial de Cros no 14 de decembro

10 Decembro 2024

O Campionato Provincial de Cros regresa á Pobra do Caramiñal. Esta cita deportiva desenvolverase nas inmediacións da praia da Lombiña-Cabío no 14 de decembro, a partir das 11.00 horas, da man da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia coa colaboración da Concellaría dos Deportes da Pobra do Caramiñal, a Agrupación Deportiva Escolar As Rías, a Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza e a Federación Galega de Atletismo (FGA).

“Temos un forte compromiso co fomento da actividade física durante todo o ano e entre toda a poboación. Por iso, ademais das propias actividades municipais, colaboramos con outros entes no transcurso doutros eventos. Esta proba de cros posibilitará a práctica deportiva nunha disciplina de fonda tradición histórica en Galicia ao tempo que se desfruta dunha contorna de gran riqueza paisaxística e medioambiental”, relata o concelleiro dos Deportes, Eloy Sobrido.

A dita competición abrangue as categorías benxamín, alevín, infantil e cadete, tanto masculina coma feminina. Cada atleta deberá completar a distancia que lle corresponda segundo a modalidade. Establécense dúas clasificacións: individual e por equipos. Farase entrega de medallas e trofeos.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.