
Este luns 30 de decembro, no marco da programación de actividades culturais e de lecer do Nadal en Boiro, vaise celebrar un espectáculo musical da agrupación Gallaecia, que traerá á praza do Concello a súa función Gramola Yé Yé, a partir das 19.00 horas. Se chove trasladarase ao local multiusos da Praza de Abastos.
Gramola Yé Yé é un cuarteto formado por guitarra, baixo, batería e voz cunha liña moi fresca e festiva. Renden homenaxe ós guateques, ao movemento Yé Yé e ás cancións do verán dos anos 60 e 70.
A formación caracterízase pola súa exquisita calidade musical e dará ós vosos eventos un toque fresco no que non se parará de cantar nin bailar.
O seu repertorio componse se de cancións de los Diablos, Los Bravos, Karina, Massiel, El Dúo Dinámico e recordarán cancións como Las flechas del Amor, Un Rayo de Sol, OH,OH July o El Bául de los recuerdos ou o clásico La,La,La.
Música para guateques, festas, sesións vermú e concertos en xeral



