A Misela achega un Concerto de Nadal este venres en Queiruga

24 Decembro 2024

A agrupación noiesa A Misela vainos agasallar este 27 de decembro cun Concerto de Nadal para conmemorar con música da boa estas festas do remate do ano. A actuación, abeirada ás Festas de Queiruga e máis ao amplo programa de actividades culturais e de lecer argallado polo Concello de Porto do Son, vaise celebrar este venres 27 ás 19.30 horas na Casa da Cultura de Queiruga. A Misela é unha agrupación noiesa de música coral que centra a súa actividade nos sons iberoamericanos, poñendo o foco na música popular tanto da Península Ibérica como de América Latina.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.