A Deputación subvencionará con 800.000 euros o gasto do persoal das oficinas de turismo municipais en 2025

18 Decembro 2024

A Deputación da Coruña investirá 800.000 euros no programa DP0029, de subvencións a concellos e agrupacións de concellos da provincia da Coruña de menos de 50.000 habitantes para o financiamento do gasto de persoal das oficinas de turismo en 2025. Os beneficiarios recibirán entre 10.000 e 20.000 euros, sempre o cen por cento do importe solicitado. O prazo de presentación de solicitudes estará aberto entre o vindeiro 19 de decembro e o 16 de xaneiro de 2025.

A entidade provincial explicou tamén que “os municipios de menos de 10.000 habitantes que non dispoñan de áreas de Turismo nin persoal asignado á xestión de turismo no seu organigrama, ou que non conten con grandes infraestruturas de aloxamento, pero que no seu territorio dispoñan de espazos, bens ou outros recursos capaces de xerar dinámicas positivas para o turismo, estacional ou eventualmente, poderán solicitar a subvención mediante a agrupación de polo menos tres concellos limítrofes”.

Serán obxecto de subvención neste programa os postos de traballo que estean desempeñados por persoal funcionario ou laboral fixo ou temporal, pero tamén a contratación externa do servizo.

“En Turismo da Deputación”, explica o titular do departamento e vicepresidente coruñés, Xosé Regueira, “estamos moi satisfeitos con este programa de subvencións que, desde 2107, lle dá traballo no ámbito territorial da provincia a arredor de 50 persoas e tamén servizo a medio cento de entidades municipais”. “Non todo é falar e promover”, engade, “senón que hai que organizar recursos e estruturar o produto, e para iso son imprescindibles as persoas que saen formadas das universidades en materia de turismo”.

Tanto as solicitudes como o resto da tramitación da convocatoria realizarase por vía telemática, a través da plataforma SUBTEL, accesíbel dende a sede electrónica da Deputación.

As bases do poden consultarse e descargarse no BOP do 16 de decembro.

Outros artigos

Domingo de Ramos, inestabilidade meteorolóxica nas Rías Baixas

As Rías Baixas continuarán baixo a influencia dunha atmosfera inestable o domingo de Pascua, 20 de abril. O ceo permanecerá parcialmente nubrado, con episodios de chuvia intermitente ao longo da xornada. As horas centrais do día presentarán unha menor probabilidade de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Portas xiratorias, interese público”. José Luís Calo

“Portas xiratorias, interese público”. José Luís Calo

España ten moito que mellorar na loita contra a corrupción. O Grupo de Estadoscontra a Corrupción do Consello de Europa (GRECO) publicou dous informes deseguimento que avalían o cumprimento por parte de España das súasrecomendacións para previr a corrupción. O “GRECO”...