A Deputación fai entrega dos IV Premios Luísa Villalta de igualdade

17 Decembro 2024

A área de igualdade da Deputación fixo entrega dos galardóns aos 8 gañadores do VI Premio Luísa Villalta a proxectos pola igualdade. As propostas seleccionadas, de múltiples disciplinas artísticas que van das artes escénicas ao cinema, a historiografía, a promoción da lectura ou a fotografía, recibiron un importe de 12.500 euros para o seu desenvolvemento.

Durante o acto deste 17 de decembro, obtiveron ademais como recoñecemento unha fotografía de Xurxo Gómez Chao, “unha peza que se titula Isto, que é un verso dun poema de Luísa Villalta, creada no 2017 para os actos de homenaxe a Luísa organizados pola asociación Alexandre Bóveda”, explicou o autor. “Fala do reverso das rúas, das habitacións e das casas, da cidade esquecida e instantes, presenzas, da vida e da morte, da música, da identidade e do achado”, engadiu.

A deputada de Outes, Soledad Agra, presentou as entidades e persoas gañadoras e agradeceu ao xurado, formado polo sociólogo Adrián Gonçalves e a profesora universitaria Ana Belén García Freijeiro, “o difícil traballo de selección”. Agra explicou o obxectivo desta iniciativa: “Como Luísa Villalta, nós queremos ir formando parte do compromiso social coa consecución dunha sociedade máis xusta, libre, igualitaria e democrática, por iso apoiamos proxectos de sensibilización, transformación e divulgación que poñen en valor o papel histórico, económico, social e cultural das mulleres.”

Proxectos premiados

As persoas responsables das iniciativas premiadas explicaron os seus traballos e agradeceron á Deputación o recoñecemento e o traballo a prol da igualdade.

 O próximo baile, será comigo, de Sabela Losada Cortizas; Ofuscadas polo vicio da razón, de Yarama África; Non calarás, da Asociación Cultural Alexandre Bóveda; Altas luces, de Illa Bufarda; ‘A historia vaxenial, de Artyc Content; Punto en boca. Costura e teatro, de Raquel García Crespo; As mulleres no xornalismo Galego: a crónica revelada, do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia; e  A clase, de Mala Herba Producións son os proxectos premiados en 2024, cuxos responsábeis recolleron este 17 de decembro o galardón da man da deputada de igualdade, Soledad Agra.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.