A Deputación destina 300.000 euros para apoiar proxectos medioambientais na provincia durante 2025

13 Decembro 2024

A Deputación da Coruña abre o vindeiro luns, 16 de decembro, o prazo de solicitudes das subvencións destinadas a entidades sen fins de lucro para o financiamento de actividades e investimentos no eido ambiental durante o ano 2025. Ambas as dúas liñas teñen unha dotación conxunta de 300.000 euros.

Segundo fai saber a Deputación nas bases, para optar a estas axudas, as asociacións e entidades deben ter carácter privado e sen ánimo de lucro, ademais de estar inscritas no Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental de Galicia ou ter como fin a conservación, promoción ou defensa dos recursos naturais, cunha antigüidade mínima de dous anos desde a data de finalización do prazo de solicitude.

O prazo de solicitude arrinca o luns 16 de decembro de 2024 e finalizará ás 14:00 horas do día 16 de xaneiro de 2025. Tanto as solicitudes coma o resto da tramitación do programa realizaranse por vía telemática a través da plataforma SUBTEL, accesible dende a sede electrónica da Deputación da Coruña.

A liña de subvencións destinada a actividades conta cunha asignación de 200.000 euros, a repartir en axudas que oscilarán entre un mínimo 2.000 euros e un máximo de 25.000. Na liña de investimentos, o orzamento é de 100.000 euros as subvencións serán de entre 2.000 e 30.000 euros por entidade.

“As entidades beneficiarias desenvolverán co apoio económico da Deputación proxectos para actuacións relacionadas co voluntariado ambiental, difusión e sensibilización ambiental, conservación e actuacións relacionadas co cambio climático, sustentabilidade enerxética, desenvolvemento de políticas e estratexias ambientais, posta en valor de recursos naturais, limpeza de praias e outras que promovan a participación social no compromiso co medio ambiente”, segundo explicou a deputada responsable da área de Medio Ambiente, Rosa Ana García.

Durante 2024, a Deputación financiou un total de 20 proxectos medioambientais.

Plantación escolar de árbores no concello de Dodro

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hay cardenales que no creen en Dios” – Manuel Domínguez

“Hay cardenales que no creen en Dios” – Manuel Domínguez

Hay cardenales que no creen en Dios. Pero antes de empezar con el tema diré que ya se realizó el primer milagro de Francisco. Alguien puede decirme como 140 señores de promedio 75 años pueden aguantar 5 horas sentados al sol sin hacer 3,14 - 3,14, es decir pipi. Vamos...

“Papa Francisco” – Manuel Domínguez

“Papa Francisco” – Manuel Domínguez

La caridad cristiana, empieza en la propia familia. Hace años escribí al papa intercediendo por dos obreros que habían sido enviados al paro en una Catedral de Lugo, creo recordar Me respondieron ampliamente que el Vaticano no interfiere la gestión de las iglesias. Lo...