A campaña solidaria do Arcebispado co Levante leva recadados mais de 300.000 euros

08 Decembro 2024

A Campaña Solidaria posta en marcha polo Arcebispado de Santiago, á que se sumou a Confederación de Empresarios de Galicia, leva
recadados na contas bancarias postas para este fin por Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela un total de 347.456 euros que se canalizan
desde a institución para a axuda dos afectados pola DANA no Levante.
Os responsables da posta en marcha da campaña agradecen a xenerosidade de particulares, empresas e ordes relixiosas, así como o
recadado a través das colectas, á hora de facer as doazóns para axudar a paliar da mellor forma posible os danos causados naquelas zonas.

Ata o momento actual as achegas económicas feitas-347.456 euros-de maneira solidaria canalizáronse da forma seguinte:
Particulares: 162.274 euros
Recadas: 76.243 euros
Empresas: 70.090 euros
Entidades relixiosas: 38.848 euros

Actuacións inmediatas
Cando se produciron os tremendos sucesos motivados polas inundacións Cáritas deu a coñecer unha serie de preguntas e as súas respostas coa
finalidade de que se coñecese en traballo que se facía desde as institución, destacando dous aspectos importantes:
–Púxose en marcha un protocolo para xestionar de maneira eficaz a resposta á emerxencia causada pola DANA.
-Estableceuse unha campaña para canalizar a solidariedade da sociedade española #ante os cuantiosos danos causados por esta catástrofe natural
e a gran cantidade de recursos que van ser necesarios para a reconstrución.


Plan de resposta

Superado o mes das graves inundacións que causaron numerosas perdas de vidas humanas e cuantiosos danos materiais, Cáritas lanzou o seu plan de resposta á emerxencia co obxectivo de poder restituír a medio e longo prazo os medios de vida das persoas damnificadas, sobre todo, das que se atopan nunha situación de maior vulnerabilidade.
Baseado nas necesidades identificadas este plan de resposta céntrase en catro liñas de acción para o próximos tres anos:
-A restitución dos medios de vida e necesidades básicas (alimentación, hixiene, roupa, mobilidade)
–Vivenda, aloxamento (rehabilitación, alugueiros, subministracións, aveños);
-Saúde mental e emocional (individual e grupal tanto a persoas afectadas como a persoas da organización)
-Protección e comunidade (infancia, adolescencia, familia e maiores).
A estes catro eixos súmanse outras dúas liñas transversais que teñen que ver co apoio xurídico e a organización (dos centros e proxectos
propios de Cáritas danados pola DANA)

Contas para doar: As doazóns pódense facerse a través das contas que Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela ten abertas para este fin:

–Abanca ES18 2080 0319 6030 4000 8096
–Banco Sabadell ES21 0081 2130 4300 0103 7210
–Banco Santander ES44 0049 2584 92101001 7670

Outros artigos

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

+

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.