A brigada de Xardíns do Concello de Ribeira embelece os espazos urbanos

23 Decembro 2024

O Concello de Ribeira traballa na mellora e embelecemento dos espazos verdes do municipio así como na creación doutros novos. A brigada de Xardíns realizou recentemente plantacións para renovar e enriquecer as zonas axardinadas, engadindo novas especies que contribúen á súa beleza e biodiversidade.


Na zona das Avesadas, introducíronse novas plantas ornamentais que achegan cor e frescura ao entorno da pista deportiva que hai na Casa da
Xuventude, mentres que nas Carolinas levouse a cabo a plantación de novas árbores, creando un espazo “máis verde e acolledor”, explicou o Concello.

Dende o Goberno local engadiron que “en breve tamén está prevista a plantación de árbores e ornamentación na rúa Mendiño que une a praza de España coa praza Uxío Novoneyra e tamén na rúa Barbanza a carón do Auditorio Municipal”.

Con estas accións, o Concello de Ribeira reafirma o seu “compromiso co coidado do medio ambiente e coa creación de lugares públicos máis
verdes e, por tanto, máis agradábeis para veciñanza e turistas”, sinalouse.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.