A Área de Cultura do Concello de Lousame compartiu a axenda municipal de actividades de lecer para este Nadal, unha programación que inclúe citas culturais pero tamén eventos deportivos de primeira liña, como o Trail de Lousame.
Venres 27 de decembro. Concerto de panxoliñas. Auditorio da Casa da Cultura de Lousame. 21:00 horas. Organizan: Asociación Cultural O Son do Pote e UNED Sénior Coruña. Colabora: Concello de Lousame.

Domingo 29 de decembro. Trail de Lousame. Saída e meta no Polideportivo Pilar Barreiro Senra. De 10:00 a 14:00 horas. O Concello oferta un total de 600 prazas, trescentas para cada modalidade: Trail Longo (12 €) e Trail Curto (8 €). Ambas probas serán o domingo 29 de decembro, con saída do Polideportivo Municipal Pilar Barreiro Senra e unha espectacular subida ao monte Muralla, un dos miradoiros máis populares da comarca. As inscricións están abertas en Emesports.es ata as 23:59 horas do xoves 26 de decembro ou ata completar a cota de prazas. O Trail Longo terá unha lonxitude de 25 km, cun nivel de dificultade medio alto e cun desnivel acumulado aproximado de 1.140 metros de desnivel positivo e de 1.140 metros de desnivel negativo. A saída será ás 10:00 horas e contarán con tres avituallamentos. Pola súa banda, o Trail Curto contará cunha distancia de 14 km, cun nivel de dificultade medio-baixo e cun desnivel acumulado aproximado de 540 metros de desnivel positivo e de 540 metros de desnivel negativo. A saída será ás 11:00 horas e contará con dous avituallamentos.
Domingo 5 de xaneiro. Recepción de Reis na Casa da Cultura. De 11:00 a 13:30 horas. Acceso libre.
Domingo 5 de xaneiro. Festival de Reis. Polideportivo Pilar Barreiro Senra. De 17:00 a 19:30 horas. Acceso libre.




