A ARE celebra o Nadal co sorteo de 16 vales de compra de 50 euros e mancheas de actividades festivas

12 Decembro 2024

A Asociación Rianxeira de Empresarios (ARE) vai festexar o Nadal ao grande, ben a través da súa Campaña de Nadal, ben mediante o programa de actividades de dinamización que ten programado.

Na súa Campaña de Nadal a patronal rianxeira premiará as compras de proximidade que se fagan nos establecementos asociados entre o 9 de decembro e o 7 de xaneiro. Os clientes recibirán rifas numeradas coas súas adquisicións, e cada rifa é unha oportunidade para gañar un dos 16 vales de compra que a ARE mobiliza na campaña, por valor de 50 euros (para gastar nos negocios locais participantes). O sorteo destes 800 euros realizarase o 8 de xaneiro de 2025 e publicarase a listaxe de premiados o 16 de xaneiro na web da ARE e redes sociais.

“Ao participar”, explica a patronal rianxeira, “non só teremos a oportunidade de gañar premios, senón que tamén estaremos apoiando o comercio local, fortalecendo a nosa comunidade e contribuíndo á economía de Rianxo; mercar no comercio de proximidade é apostar pola calidade, a atención personalizada e polos nosos veciños”. As bases legais da campaña están subidas á Rede.

Esta iniciativa está co-financiada pola Xunta e subvencionada pola Deputación da Coruña.

Máis actividades

Ademais nestas festas a ARE énchese de espírito de Nadal para “ofrecer actividades únicas e divertidas que farán as delicias de toda a familia”. A axenda inclúe inchábeis, xogos e “moitas sorpresas” nas diferentes localizacións do concello (en Taragoña, en Rianxo, en Asados) ao longo destas festas. A nivel máis concreto, haberá inchábeis de diferentes tamaños e temáticas; atraccións sorprendentes, como un unicornio mecánico ou unha parede interactiva; unha bóla de neve xigante, ideal para inmortalizar as festas cunha foto máxica; ou adobíos de Nadal xigantes “que crearán o ambiente perfecto para celebrar en familia”. As actividades están pensadas para todas as idades, desde os máis pequenos ata os maiores da casa.

Esta axenda está concibida para convidar a veciños e visitantes a apoiar os negocios locais, favorecendo que a afluencia de xente impulse a visita aos comercios de proximidade: “En Rianxo, atoparemos os mellores produtos e o trato máis persoal, mentres contribuímos a fortalecer a nosa comunidade”.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...