A ABE presenta a Campaña de Nadal co maior orzamento de cantas ten celebrado a patronal boirense

04 Decembro 2024

A patronal boirense (ABE) presentou a súa nova Campaña de Nadal, edición 2024-2025, que está previsto que se desenvolva entre o 7 de decembro e o 5 de xaneiro, acompañándose do que sería o maior orzamento de cantas campañas desta índole ten posto en marcha a asociación ao longo dos seus 36 anos de historia: case 25.000 euros. Acompáñase do seguinte reclamo que é, tamén, unha declaración de intencións: Este Nadal en Boiro todos os días teñen premio.

Baixo este lema sortearanse 100€ cada día da campaña, 30 días, 30 premios. Os clientes só teñen que rexistrar os tíckets de compra na web da ABE (www.abe.gal) e cada día realizarase un sorteo entre eles. Para o sorteo son válidos os tíckets e facturas dos 207 negocios asociados.

Agasallo de 5.000 bolsas de algodón

Os negocios participantes nesta parte da campaña (73) entregarán 5.000 bolsas de algodón orgánico cun deseño especial do corazón de Somos Boiro en cores vermella e verde de xeito gratuíto entre os seus clientes ata esgotar existencias.

Sábado 21 de decembro recepción de Papá Noel aos nenos de Boiro

O sábado 21 de decembro celebrarase a recepción de Papa Noel aos nenos de Boiro na praza do Concello e presentando un tícket ou factura de compra de mais de 10€ de calquera dos 207 socios da ABE (poden acumularse) poderá facerse unha foto especial con Papa Noel e levala de agasallo (tamaño 10×15) xunto cunha bolsa de bombóns co logo de Somos Boiro.

Sorteo de premios cartas Reis Magos

Os negocios participantes nesta parte da campaña (73) terán dispoñíbeis cartas para que os cativos escriban aos Reis Magos. Deberán depositalas caixa de correos máxica (no Buzón Real) situada na praza do Concello e entre todas as misivas recibidas sortearanse 3 Bonos ABE Especial Cumpreanos por un valor de 100€ para que os/as 3 nenos/as gañadores/as os destinen á súa festa de aniversario (torta, agasallos, roupa, deportes, libros, comida, bebida…).

Visita de Papa Noel e os paxes reais aos negocios participantes

Os 73 negocios anotados a esta parte da campaña recibirán a visita de Papa Noel (23 ou 24 decembro) e paxe real (2, 3 ou 4 de xaneiro) que entregarán unha bolsa de bombóns co logo de Somos Boiro, farase unha foto no negocio e regalará lambonadas aos nenos que se atope alí ou polo camiño.

Bonos para aguinaldo

Ademais de todo o devandito, a ABE informou que segue en marcha a campaña Regala Boiro, destinada a animar a utilizar os Bonos ABE como aguinaldos de Nadal para as empresas e como tarxeta agasallo por parte do público en xeral. Cada compra de bonos levará como agasallo unha bolsa de bombóns co logo de Somos Boiro.

Bombóns Corazón Somos Boiro

Recupéranse os Bombóns Corazón Somos Boiro, que son unha edición especial de bombóns de chocolate ecolóxico que van serigrafados coa imaxe do xa emblemático corazón de Somos Boiro e que se presentan en bolsas de agasallo e utilizaranse para regalar aos clientes durante as actividades do Nadal.

Colaboración con AGADEA

Como complemento á campaña de AGADEA (Asociación Galega de Axuda aos Enfermos con Demencia Tipo Alzhéimer), a ABE e AGADEA regalan a cada comercio participante uns fermosos traballos manuais elaborados polas persoas usuarias nos seus obradoiros de laborterapia. Esta campaña ten como obxectivo colaborar na sensibilización sobre o alzhéimer.

A Campaña de Nadal da ABE conta con financiamento da Xunta de Galicia e a colaboración do Concello de Boiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.