130 participantes desafiaron o frío na Andaina Solidaria e no Belén de Cumes en Lousame

15 Decembro 2024

Un total de 130 persoas participaron esta mañá na Andaina Solidaria e no Belén de Cumes, organizados polo Concello de Lousame, nunha xornada marcada polas baixas temperaturas. Este evento, que cada ano combina solidariedade e deporte, presentou dúas novidades nesta edición: un novo itinerario e unha causa solidaria dedicada ás persoas damnificadas pola dina de Valencia. A actividade recadou preto de 800 euros grazas ás inscricións, establecidas en 6 euros por adulto, mentres que os menores de 10 anos participaron de balde.

A concelleira de Cultura, Silvia Agrafojo, destacou a relevancia da iniciativa e agradeceu a alta participación: “Somos 130 valentes nesta andaina e o importante é que todo o recadado se destina ás persoas afectadas pola dina de Valencia. Desde o Concello de Lousame queremos achegar o noso gran de area para axudar no posible”. Tamén expresou o seu agradecemento á Cruz Vermella de Noia, Protección Civil de Lousame, Autos Comparado e á rede de voluntariado local polo seu apoio.

Pola súa banda, a concelleira de Deportes, Mariel Agrafojo, aproveitou para animar á veciñanza a participar nas próximas actividades deportivas, como o Pequetrail do sábado e o Trail de Lousame, previsto para o 29 de decembro. “Son citas ideais para desfrutar do deporte no marabilloso entorno natural que temos en Lousame”, afirmou.

A xornada comezou na praza do Concello ás 9:30 horas, onde os participantes recibiron os seus dorsais e unha braga para o pescozo, un accesorio especialmente útil dado que a saída se produciu a 0 graos desde a praza Teodomiro Hidalgo. Dous autobuses de Autos Comparado trasladaron aos camiñantes ata o monte Iroite, onde a temperatura era máis agradable, ao redor dos 10 graos.

Guiados polo técnico municipal de Deportes, Germán Romero, e coa colaboración da Cruz Vermella de Noia, persoal municipal e voluntariado, os participantes completaron un percorrido de 8 quilómetros ata a capela da Nosa Señora da Gorgosa, en Camboño. Durante o traxecto gozaron de impresionantes vistas panorámicas da ría.

Unha vez en Camboño, os asistentes montaron o tradicional Belén de Cumes e desfrutaron dun chocolate con churros, cortesía da Churrería Rafa, mentres escoitaban panxoliñas interpretadas por Chiña. A combinación de deporte, solidariedade e tradición fixo desta unha xornada inesquecible para todas as persoas asistentes.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.