Volven os paseos saudábeis de Porto do Son (cada venres ás 10.30 dende o Club de Xubilados)

21 Novembro 2024

O Concello de Porto do Son, no camiño de mellorar a calidade de vida das persoas maiores, vai retomar o programa de Paseos Saudábeis, baixo o lema Quen move as persoas move o corasón, que está previsto que se leven a cabo todos os venres a partir das 10.30 horas.

O Concello dará continuidade deste xeito a unha iniciativa que logrou un importante éxito na súa anterior edición, e que non só está aberto ao colectivo sénior senón tamén a persoas de todas as idades.

Como dixemos as saídas serán os venres dende as 10.30 horas a carón do Club de Xubilados. Os paseos serán de arredor de unha hora, aproximadamente. A dificultade dos percorridos será baixa e terán un trazado accesíbel e participativo.

As inscricións están abertas na Oficina Municipal de Deportes e no Centro de Saúde de Porto do Son.

Outros artigos

Xoves 1, xornada de tempo inestable

As Rías Baixas agardan unha xornada de tempo inestable con risco de treboadas no interior A comarca e as rías baixa veranse afectadas pola presenza dun embolsamento de aire frío en altura situado ó oeste de Portugal, que provocará unha certa inestabilidade atmosférica...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ruido de fondo, de Alfredo Conde”. Alberto Barciela

“Ruido de fondo, de Alfredo Conde”. Alberto Barciela

“No empiecen a leer si creen que estas líneas son las del comienzo de una historia. Este no es el comienzo de tal cosa. Tampoco lo es de unas memorias. Ni siquiera es una evocación. Estas líneas tratan tan solo de una brisa que pasa. Las brisas pasan. Se suceden unas...