Este venres, festividade de San Alberte Magno, continuamos cunha situación intermedia entre unha baixa e un anticiclón, deste xeito agárdanse ceos con alternancia de nubes e claros . As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso especialmente as mínimas. Os ventos soprarán do leste-sueste, frouxos no interior e nas Rías Baixas, moderados no litoral norte.

O noso mar: Vento do leste á mañá e á noite e do nordés á tarde, forza 1 a 3 á mañá, 1 a 2 á tarde e 2 a 3 á noite. Mar ovellado á mañá e á noite e mar rizado á tarde. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)n
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota
- Praia de Corón Vilanova de Arousa
- O Grove