“Valeirar lagoas foi no franquismo escola de formación de bulos” – Antón Luaces

21 Novembro 2024

Disque Galicia, xunta outras comunidades autónomas do norte e o leste peninsular, vai verse afectada esta semana por chuvieiras e vento forte con incidencia especial no litoral. É este un aviso a ter en conta, por moi afeitos que esteamos os galegos a este tipo de eventos climáticos, máis duros e evidentes nos últimos 15 anos coma consecuencia do cambio climático que nos afecta, por máis que o negacionismo posto en práctica en España por algúns partidos políticos que, sendo en boa medida herdeiros do franquismo, nalgúns aspectos botan por terra o que aquela malfadada política do xeneral ferrolán (que foi xefe do Estado pola g. de Deus e non por decisión dun pobo que vota) no que atinxe, entre outros aspectos da vida nacional, á distribución de auga nas, daquela, rexións españolas. 

A DANA que afectou este mes ao litoral levantino, zonas de Castela-A Mancha, Cataluña e Baleares -posteriormente tamén a Andalucía- serviu para que algúns partidos políticos e organizacións negacionistas responsabilizaran ao Goberno actual de abrir comportas de encoros que “asolagaron pobos e mataron a máis de 200 veciños” das áreas máis afectadas polas riadas provocadas polo réxime de choivas que, en cuestión dunhas horas, superaron con moito a recollida en anos.  

Son os mesmos partidos e organizacións que, meses antes, daban grazas a Franco por regular mediante a construción de encoros en distintos lugares da península as “capacidades dos ríos españois” silenciando o dano que esas “regulacións” infrinxían a numerosos pobos cuxos habitantes se viron na obriga de abandonar casas e terras para que a auga que encoraban servira para que empresas hidroeléctricas crearan un espiñazo económico do que, naquel tempo, carecían: Portomarín, Belesar, etc., son evidencias. Por non citar outras actuacións anteriores absolutamente contrarias ás citadas, como a levada a  cabo nos anos 50 co desecado da lagoa ourensán de Antela, un dos máis importantes humidais da península ibérica ata 1958 situado na comarca da Limia. 

Xustificación?. Gañar terras de cultivo.

Dende vai uns anos, grupos ecoloxistas reclaman a recuperación da zona, labor que, obviamente, non secundan aqueles que xustifican a “política” de encoros hidroeléctricos do xeneral.

A lagoa de Antela foi desecada no decenio dos 60. Ocupaba unhas 4.000 hectáreas -en función da choiva chegou a medir 6 por 7 quilómetros en inverno, cunha profundidade que oscilaba, nalgunhas zonas, entre os 50 centímetros e os 2 metros-.

Malia aqueles traballos de desecado, a lagoa de Antela rexurde con anegamentos que asolagan os campos  botando a perder as plantacións de pataca e cereal, recuperando na estación chuviosa parte do terreo que sempre ocuparan. 

Daquel desastre ecolóxico moi poucos queren lembrarse na actualidade; máis o dano  causado foi transcendental, con efectos moi negativos sobre a calidade do solo, que obrigou a crear un complexo sistema de rego. 

Extinguíronse dez especies de aves na Limia e unha (o ganso común) a nivel ibérico. Houbo, coma non, consecuencias sociais, económicas e mesmo demográficas moi negativas. Desapareceron veigas, vexetación de ribeira, pastizais con matos arborizados e, na actualidade, moi poucos son os que apoian a rexeneración da dinámica hidrolóxica e a recuperación de zonas húmidas, arborizadas, cultivadas e pastoreadas.

Pero os negacionistas esquecen a existencia desa proba do dano causado.

Outros artigos

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

Cada vez voume atopando con máis xente que me conta que fixo a escolla de deixarde ler ou de ver noticias. Que buscan emisoras onde haxa só música, ou que evitantelexornais e tertulias de actualidade. Non son persoas desentendidas do mundo. Dinque non poden soportar...

+

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

+

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

+

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

Cando existe unha emerxencia habitacional, todas as Administracións Públicas teñen que poñerse as pilas para garantir o Dereito á Vivenda, recoñecido na Constitución española así como en moito Tratados e Organismos Internacionais. Algúns nos preguntamos, actualmente,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.