Un home resultou ferido en Noia tras ser atropelado

13 Novembro 2024

Pasadas as 9:15 horas, os servizos sanitarios alertaron ao 112 Galicia de que un home acababa de ser atropelado na rúa da República Argentina, en Noia. O ferido presentaba lesións en ambas pernas, pero estivo liberado e accesible en todo momento.

De inmediato, desde o 112 Galicia activouse un operativo para o que se solicitou a colaboración do GES e da Policía Local de Noia. Ao mesmo tempo, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 enviou ao seu persoal a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago.

Unha vez no punto, os equipos de emerxencias confirmaron que o home estaba consciente e que finalmente foi trasladado ao hospital de referencia con lesións en ambas pernas e un golpe na cabeza.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...