Un home falece tras caer desde varios metros de altura mentres podaba nunha vivenda en Muros

29 Novembro 2024

Unha familiar do falecido contactou co 112 Galicia arredor das 16:20 horas para alertar de que este acababa de sufrir unha caída nunha vivenda situada no lugar do Cabo, en Muros. Ao chegar ao lugar dos feitos, o persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 comprobou que o implicado caera sobre unhas rochas desde varios metros de altura mentres realizaba labores de poda na súa propiedade. Ademais, existía o risco de que continuase caendo polo talude onde quedara situado.

De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias coordinouse un operativo no que participaron o GES de Muros, a Garda Civil e a Policía Local. Debido á situación do accidentado, unha zona de difícil acceso e con gran pendente, os efectivos do GES tiveron que empregar arneses para proceder coas tarefas de rescate.

Finalmente, os servizos sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.