“Un caravel vermello para un fusil amigo: Portugal”. Antón Luaces

22 Novembro 2024

O 25 de abril de 1974, unha muller de baixa estatura, fortes conviccións e ánimo disposto, Celeste Martíns Caeiro, filla de galega, repartiu caraveis vermellos entre os militares que, en Portugal, se rebelaran para derrocaren o réxime ditatorial vixente, ao igual que en España, no país  veciño (quedaban aínda 11 anos para que en España a morte de Francisco Franco permitira o mesmo camiño de recuperación democrática no Estado español) vivíanse as consecuencias do 25 de abril. 

 Celeste Martíns Caeiro, a muller pequenechiña dos caraveis vermellos, faleceu o  pasado 15 de novembro aos 91 anos de idade.  Tiña 41 anos cando, traballando nun restaurante de Lisboa que, curiosamente, aquel 25 de abril de 1974, cumpría un ano da súa apertura. Por este motivo, os responsábeis do local pretendían agasallar ás mulleres cun caravel e aos homes cunha copa de viño. Non obstante, e co gallo da revolución, o restaurante non chegiu a abrir aquel día: a revolución puña fin ao Estado Novo de Salazar e tomaba as rúas da capital porque “o pobo é quen máis ordena!”, cantaban. 

Celeste, militante do clandestino Partido Comunista Portugués, colleu unha brazada de caraveis e achegouse a un grupo de compatriotas que celebraban a que foi unha xornada histórica. Cos caraveis nas mans preguntou que estaba a pasar. A resposta dos militares, directa e inequívoca: “Imos para o  Cuartel do Carmo, onde Marcelo Caetano, presidente”.

Un dos soldados pediu a Celeste un cigarro, peticiòn á que respostou que só tiña flores, entregando ao soldado un dos caraveis que levaba desde que os pillara no restaurante.

O soldado a eptou o caravel e colocòuno na boca do canón do fusil que portaba, un feito que se repetiu entre os seus compañeiros. 

Celeste repartiu todas as flores que tiña. A esta acción simbólica sumáronse màis tarde outras moitas persoas nun xesto hoxe sinónimo de loita, liberdade e democracia non só en Portugal. 

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

Días atrás Donald Trump prometió premiar a todos los estadounidenses adultos con 5.000 dólares si su partido triunfa en las elecciones legislativas. Una compra de votos a todas luces imposible de cumplir legal, administrativa y económicamente. Un fraude contra la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.