Sábado 9, nubes e claros e risco de orballos pola noite

08 Novembro 2024

Este sábado, 9 de novembro, Galicia situarase baixo a influencia dun sistema de altas presións, que traerá ventos de compoñente oeste, cargados de humidade. Espérase unha xornada marcada por ceos moi nubrados en xeral, con probabilidade de orballos, especialmente na metade norte da comunidade.

As temperaturas sufrirán un descenso, que variará entre lixeiro e moderado dependendo das zonas. Os ventos soprarán frouxos do suroeste, aínda que se intensificarán de xeito moderado no litoral norte.

meteogalicia:

O noso mar: Vento do sur á mañá, do sudoeste á tarde e variable á noite, forza 1 a 3 á mañá e 2 a 3 á tarde e á noite. Mar ovellado. Visibilidade boa á mañá e regular á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste á mañá e á tarde e oeste á noite, con ondas de 1 a 2 metros á mañá e á tarde e 1.5 a 2.5 metros á noite.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

  1. Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
  2. Praia de Balieiros directo- Corrubedo
  3. Praia da Ladeira directo- Corrubedo
  4. Praia das Furnas directo. Porto do Son
  5. Praia Aguieira directo.Porto do Son
  6. Portosín. Porto do Son
  7. Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
  8. Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
  9. Centro Náutico do Freixo
  10. Praia de Carnota
  11. Praia de Corón Vilanova de Arousa
  12. O Grove

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“La guerra como negocio de la atrocidad”. Alberto Barciela

“La guerra como negocio de la atrocidad”. Alberto Barciela

Asistimos en el tablero de Oriente Próximo a una representación dramática de la discordia entre la moral y la política. El conflicto que involucra a Irán y sus vecinos pone de manifiesto cómo el moralista político -aquel que forja una moral ad hoc para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.