Ribeira acolle este sábado un obradoiro de cómics abeirado ao programa FalaRedes

13 Novembro 2024

Este sábado 16 de novembro ás 12.00 h o Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira vai dar acollida a unha nova actividade creativa dirixida ás persoas máis pequenas da casa. Trátase do Obradoiro de Banda Deseñada que organiza a Secretaría Xeral da Lingua en colaboración cos Concellos, ao abeiro do programa FalaRedes.

Contarase coa presenza de Inés Vázquez que aprenderá ás e aos participantes a crear personaxes, e contar historias coas imaxes que queiran e todo “nun ambiente de traballo ameno, apoiado ademais con proxección de materiais visuais, dando forma a un novo xeito de narrar”.

Estes Obradoiros de Banda Deseñadas están dirixidos á nenez, á mocidade ou ao público adulto, e teñen o obxectivo de achegar a todas as persoas que participen os elementos da linguaxe narrativa visual do cómic.

Data: 16/11/2024

Hora: 12.00 h (remate ás 13.15 h)

Lugar: Centro Cultural Lustres Rivas

Recomendado a partir de 6 anos.

Inscrición. Para participar envíen por favor un correo co número de nenos e nenas, idades, e contacto dunha persoa adulta a normalizacion@ribeira.gal.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.