Rianxo volveu vibrar coa décima edición da súa Carreira Popular

03 Novembro 2024

Finalmente e coa axuda do clima, as persoas participantes, o público e por suposto a organización, a décima edición da Carreira Popular Concello de Rianxo foi un novo éxito deportivo do municipio rianxeiro e do Barbanza. Segundo confirmou o Concello, que compartiu nas redes unhas cantas imaxes de impacto da proba, a carreira congregou este 1 de novembro a máis de 770 participantes de todas as idades.

Hugo García, do Atletismo Portugalete, e Soledad Leiro, do Club Atletismo Compostela, impuxéronse na proba absoluta. Os rianxeiros máis rápidos foron Alejadro Creo, do Triatlon Rianxo, e Aldara Betanzos, da S.D. Barbantia Roda.

As clasificacións pódense consultar polo miúdo na web Emesports.

Esta proba, organizada polo Concello e máis o Club Atletismo Rianxo, forma parte dos seguintes circuítos:

-X Circuíto Provincial de Carreiras Populares, promovido pola Deputación da Coruña.

-VII Circuíto Carreiras Populares Barbanza Arousa, promovido e organizado polos Concellos que forman parte da Mancomunidade Arousa Norte: Boiro, Rianxo, A Pobra do Caramiñal e Ribeira.

Establecéronse tres categorías: absoluta, escolares e sapatilla inclusiva.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...