Rianxo ponse firme contra as agresións machistas (a axenda do 25N prosegue esta semana con faladoiros e obradoiros)

26 Novembro 2024

Rianxo foi estre luns 25N un clamor contra as agresións machistas, co gallo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia Contra as Mulleres. Diante do Consistorio focalizouse o acto central do día. Alí, membros da Corporación Municipal e traballadores e traballadoras do Concello, xunto con veciños e veciñas, participaron na lectura dunha Declaración Institucional con motivo do 25N. Gardouse tamén un minuto de silencio polas mulleres asasinadas no conxunto do Estado español no que vai de ano. O Concello acompañou este acto subindo á web municipal a dita Declaración.

A axenda prosegue

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza as xornadas Camiñando cara a igualdade no marco da conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. A axenda comezou este venres 22 coa representación da obra Soa, ás 20.30 horas no Auditorio de Rianxo. Proseguiu este luns co dito acto institucional na Casa do Concello e continuará este martes 26 de novembro cun faladoiro con Montse Fajardo, autora de Invisibles. Será ás 19.30 horas no Auditorio Municipal. Montse Fajardo, xornalista e escritora de Vilagarcía, falará en Rianxo das diferentes facianas da violencia machista dende o punto de vista de diferentes vítimas.

O xoves 28 celebrarase un obradoiro anti-agresións no CEP Brea Segade, baixo o epígrafe Promoción da igualdade e o bo trato. Será ás 19.00 horas. Abordarase a relevancia da igualdade e o bo trato en todos os ámbitos da vida, dende as relacións familiares até o ambiente familiar.

A axenda do 25 en Rianxo rematará o venres 29, co obradoiro Autoestima, benestar e saúde con perspectiva de xénero. Será nas Escolas Vellas da Atalaia, ás 19.00 horas. A través desta actividade, as persoas participantes descubrirán como as normas de xénero inflúen na súa autoimaxe e benestasr.

Organiza o Concello de Rianxo ao abeiro do Pacto do Estado Contra a Violencia de Xénero.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...