Recala en Rianxo mostra “Fauna esencial” de Afundación

10 Novembro 2024

Afundación (Abanca) e o Concello de Rianxo veñen de asinar un convenio de colaboración para a realización da exposición Fauna esencial. Esta mostra, que se pode visitar no Auditorio de Rianxo ata o 8 de decembro, recolle un percorrido pola beleza e fraxilidade das especies máis representativas da nosa contorna natural a través dunhas impresionantes fotografías, acompañadas de información detallada.

Esta exposición é parte do proxecto Corrente Cultural, que considera a arte como un instrumento “imprescindíbel para fomentar o coñecemento e o desenvolvemento colectivo”. Grazas a este proxecto, Afundación, a Obra Social de ABANCA, en colaboracións con concello como o de Rianxo, impulsa “a capilaridade da cultura en Galicia, ampliando a oferta artística alén das súas sedes e trasladándoa ás vilas galegas para desenvolver tamén nelas as actividades da entidade”. 

Tamén se enmarca no programa social Cultura por Alimentos, organizado en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos, que anima o público visitante a realizar a súa visita achegando alimentos non perecedoiros, que serán destinados ao banco de alimentos local.

En Fauna esencial Abanca propón esta exposición como un chamamento á acción e á reflexión para por en valor a diversidade dos animais salvaxes, recoñecer a súa importancia para a sostibilidade do noso planeta e asumir a responsabilidade da súa conservación. “Nun mundo cada vez máis consciente da necesidade de preservar o medio ambiente, Fauna esencial inspíranos a valorar e respectar as especies do noso medio, garantindo así un futuro máis harmonioso e equilibrado para todas as formas de vida na Terra”, explican dende a obra social da entidade financeira, engadindo que a mostra está formada por 28 fotografías de gran formato realizadas polo naturalista Ezequiel Martínez, fotógrafo especializado en retratos naturais que colabora con numerosas publicacións especializadas.

Unha exposición con grandes retratos en primeiro plano dalgunhas das especies máis significativas da Península Ibérica coma o oso pardo, a cegoña, o voitre leonado, o gamo, o cervo, a curuxa e a aguia imperial.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.