“Prantar eucaliptos en Galicia cando a Xunta anunciara a regulación desta árbore na comunidade autónoma”. Antón Luaces

29 Novembro 2024

Altri, a multinacional lusa, non renuncia ao seu proxecto de macrocelulosa na Ulloa, malia que o estudo de impacto ambiental carece dos requisitos mínimos para a súa aceptación e que iría en senso contrario ao que preconiza nos seus obxectivos 20-30 a Unión Europea. 

Porque Altri non é unha fábrica de teas, é unha macrocelulosa que pretende a elaboración de 400.000 toneladas de celulosa soluble e 200.000 de lyocell a partir dunha masiva prantación de eucalipto cuxa repercusión será máis directa na comarca da Ulloa integrada polos concellos de Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei e na que, teóricamente, prevalecen os intereses da Reserva da Biosfera Terras do Miño e de espazos protexidos como, entre outros, as fervenzas dos Torrentes do Mácara, en Palas de Rei.

Ulloa Viva, plataforma que cualifica de “desastre ambiental” o proxecto da empresa multinacional portuguesa, chama a atención sobre o importantísimo consumo de auga previsto en Altri, caso de que se lle outorguen os permisos necesarios para o seu funcionamento: 46 millóns de litros diarios a captar no encoro de Portodemouro dos que retornarían ao Altri Ulloa 20 millóns de litros en calidade de vertidos que afectarían á suministración de auga ás familias e agricultores, gandeiros e pequenas empresas da contorna. A auga que consumiría Altri nun día é máis da que precisa toda a provincia de Lugo no mesmo espazo de tempo.

A macrocelulosa ocupará 366 hectáreas nas que existe unha zona de prantas endémicas únicas no mundo que nacen e medran na serra do Careón. A ameaza chega tamén para a fauna nunha zona que fora proposta pola Xunta para se integrar na Rede Natura 2.000 nos anos 2008 e 2011. Por outra banda, Altri dispón dunha vintena de informes favorables para o proxecto industrial, cuestión que resulta, cando menos, chamativa cando se sabe nidiamente o dano que vai causar a sectores da pesca e o marisqueo na Ría de Arousa.  

 A estes aspectos cómpre engadir a proximidade do Camiño de Santiago, palabras maiores paras os milleiros de peregrinos que o percorren cada ano.

A canalización desde o encoro ata a factoría, de máis de 12 quilómetros, pasa a través de 300 fincas de gandeiros e agricultores aos que se lles impuxo unha servidume de 10 metros de anchura, que converte estas leiras en inservibles  para a actividade á que se destinan.

A fábrica de Altri prevé un investimento de 850 millóns de euros, con boa parte de fondos comunitarios. A veciñanza da comarca establece en 500 os postos de traballo directos a crear, mentres que Altri cifra os mesmos en 2.500 en total. 

A oposición en Galicia a este proxecto é nomeadamente maioritaria, agás no caso do goberno autonómico. Un aspecto para nada clarexado no por que.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.